Publicada a convocatoria de becas da Fundación Amancio Ortega para o curso 2025-2026.
O Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega nace en 2010 co obxectivo de apoiar a novos estudantes de 4º de ESO para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Desde entón, xa participaron máis de 5.000 estudantes, integrándose na cultura do país de destino e perfeccionando o seu dominio do inglés.
Para favorecer unha inmersión completa, os bolseiros e as bolseiras conviven cunha familia anfitrioa e acoden a centros educativos locais, vivindo unha experiencia única e inesquecible na que adquiren novos coñecementos e desenvolven as súas habilidades e competencias persoais e académicas.
A bolsa cobre todos os servizos necesarios para realizar un curso académico no estranxeiro: permiso de estudante, viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun centro educativo, aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, asignación mensual, validación do curso e seguimento e apoio continuado durante a estancia.